Nas inmediacións atopamos varios xardíns e un contorno envexábel á beira do río Gallo.
Características: Dispón de 18 habitacións con capacidade para 45 persoas. Trátase dunha casona galega construída en pedra de granito con aires pacegos e xardíns nos que atopamos diversas construcións adxectivas como un hórreo ou un lavadoiro fluvial. No interior descóbrense habitacións con personalidade propia e bo gusto decorativo no que aínda quedan testemuños de fragancias modernistas. Todas elas están provistas de caixa forte, conexión a internet, televisión, minibar... Conta cunha piscina exterior de auga fría, oferta servizos balnearios e dispón de salas de reunión. |