O MONASTERIO DE SAN MARTIÑO
E SAN BREIXO DE ARCOS DE FURCOS
Na Alta Idade Media Cuntis debeu ser un dos territorios que, localizados no Condado de Moraña, máis importancia tivo pola contorna. Pouco a pouco os núcleos de poboación que hoxe coñecemos foron agromando a partir, as máis das veces, da presenza monástica.

Velaí as instalacións conventuais de San Breixo e San Martiño de Arcos de Furcos, nas que conviviron dúas comunidades diferentes: unha de homes e outra de mulleres. O primeiro documento que temos sobre a súa existencia data do ano 898, cando os monxes desas dúas familias regulares renovan o seu pacto monástico co abade Adaulfo. Do documento orixinal, un dos máis antigos da Galiza, dilucídase que este mosteiro xa existía alí había tempo, quizais dende o S. VIII, e que esas infraestruturas eran de propiedade laica, ou sexa, que nin estaban en mans dos reis da Galiza nin do bispo de Iria Flavia, senón dun grupo nobre local.

Por outra banda, tales comunidades levan os nomes de dous santos lusitanos: San Martiño (loxicamente dumiense) e San Breixo, o que nos indica a influenza dun devocionario propio da Galiza do sur (hoxe terras de Portugal).

DENDE FROILÁN II A ALFONSO V Polo S. X son coñecidos xa os lugares cuntienses do Pazo e A Louriña, que segundo un documento asinado polo rei galego Froilán II no ano 925 aparecen denominados como Palatio e Laurinia, respectivamente.

Con posterioridade, en 1038, un ignoto abade de San Paio de Antealtares, mosteiro compostelán que sucumbe ao ataque de Almanzor, entrégalle á súa

Mosterio de San Paio de Antealtares (COMPOSTELA)

comunidade regular a igrexa cenobítica de San Breixo e San Martiño de Arcos de Furcos co obxecto de resarcir aqueles danos que o superior monástico lle ocasionara a aquel convento santiagués. O abade, segundo parece, desprendérase de moitas propiedades de Antealtares coa intención de tentar conseguir que os mouros -que o tiveran en catividade- o liberasen.

Dentro desta época podemos sinalar varios datos importantes: Cuntis aparece na documentación como Kalidas -facendo alusión á presenza de augas quentes-, a xeografía de Troáns denomínase Trollanes e o territorio veciño de Moraña carrexa o topónimo de Moranea, tal e como se declara nun documento de 1019.

 

 






 
Aviso legal || O Concello || Contactar
Todos os dereitos reservados 2008 ©