Conta Cuntis con numerosos recintos fortificados en todas as súas freguesías. O Castro Loureiro (chamado tamén da Aurela), o de Meira, o da Hervés, o de Sobrada... son os nomes dalgunhas destas antigas aldeas, aínda que sobre todas destaca Castrolandín, por mor do seu estudo en profundidade, posta en valor e escavación mercé do labor que desenvolve a Fundación Terra Termarum, o Concello de Cuntis, as comunidades de montes de Castrolandín e Campo e o Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
 Click aquí para ver o mapa.
Esta fortificación, localizada moi próxima ao centro da vila, elévase a 245 metros de altitude, ten forma ovalada e uns parapetos de non menos de 7 metros de alto. Moreas de material cerámico, sementes, cinzas e outras pezas de valor arqueolóxico e histórico foron achados no interior deste recinto, mais tamén un petróglifo, bastante erosionado, con combinacións circulares.
No entanto é o Castro Loureiro o núcleo castrexo máis importante a teor da enorme superficie que ocupa.
Castros no concello de Cuntis |
|
|
Castro da Bragaña (Estacas) |
|
Castro da Hervés (Troáns) |
|
Castro de Arcos (Arcos de Furcos) |
|
Castro de Laxos (Cuntis) |
|
Castro de Meira (Cuntis) |
|
Castro de Montesandeu (San Mamede) |
|
Castro de Piñeiro (San Mamede) |
|
Castro de Sobrada (Troáns) |
|
Castro de Vilar de Mato (Cequeril) |
|
Castro de Xinzo (Cuntis) |
|
Castro Loureiro (Arcos de Furcos) |
|
Castro Sebil (Cequeril) |
|
Castrolandín (Cuntis) |
|
Entrecastros (Cequeril) |
|
|
|